ABRAMOS O CÍRCULO
Programa de atención psicolóxica a homes
con problemas de control de violencia no ámbito familiar
  

Algúns homes insultan, abusan ou desprezan ás mulleres.


Non obstante:
Pódese cambiar a actitude agresiva.
Pódense aprender outras formas de relacionarse.


“Abramos o Círculo” é un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, financiado por Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, e dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu círculo social e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.


O programa ofrece dúas áreas de atención:

   -Información.
   -Atención/intervención psicolóxica personalizada.


OBXECTIVO


Ofrecer atención e terapia psicolóxica a homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse mellor coa súa familia e coa súa parella.



REQUISITOS PARA ACCEDER AO PROGRAMA

O acceso é gratuíto e anónimo, e faise poñéndose en contacto co seguinte teléfono:
630 170 140, de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas.



PERSOAS ÁS QUE SE DIRIXE

Homes con problemas de control da violencia que desexen:

   -Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia.
   -Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade.
   -Educar aos seus fillos e fillas en igualdade.
   -Asumir hábitos positivos de relación e convivencia.


MÁIS INFORMACIÓN:

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 699


Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Espiñeira, 10-Baixo
15706 Santiago de Compostela
Tfno.: 630 170 140







P
R
O
G
R
A
M
A
 
A
B
R
A
M
O
S
 
O
 
C
Í
R
C
U
L
O