ACHEGAS DE PSICOLOXÍA
O 6 de febreiro de 2009 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio “Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2009”. Este galardón, que terá carácter anual, foi creado pola Xunta de Goberno do Colexio coa fin de distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da profesión. A Xunta de Goberno.
PREMIO DOLORES LLÓPIZ. PSICOLOXÍA E SOCIEDADE 2009
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia crea o premio Dolores LLópiz. Psicoloxía e Sociedade 2009. Dolores LLópiz Pereiro, foi unha compañeira que xa non está entre nós, e queremos recoñecer a súa implicación persoal e xenerosidade co Colexio, co que participou activamente durante máis de dez anos formando parte da Xunta de Goberno, da Comisión Deontolóxica e da Área de Psicoloxía Educativa. Lembrarémola cada ano distinguindo á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da nosa profesión. A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere facer público o recoñecemento da persoa á cal lle outorga este galardón na súa edición de 2009 por ter contribuído á sensibilización social coa divulgación da Psicoloxía nos medios de comunicación desde hai moitos anos. Sempre disposto a colaborar co Colexio coa súa entrega e dedicación desinteresada. Por todo elo, concedéuselle o premio Dolores LLópiz. Psicoloxía e Sociedade 2009 ao xornalista Joel Gómez. Fixo entrega a Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada.
![]() Videos
![]() Fotos
![]() Agasallo
|