SERVIZOS

PUBLICACIÓNS
Distribución gratuíta
Circular Informativa:

Periodicidade bimensual. Información sobre a profesión, actividades do Colexio, cursos e encontros profesionais, recursos de interese, novidades bibliográficas, comunicación entre colexiados/as, contratación de publicidade.

Cadernos de Psicoloxía:
Periodicidade cuadrimestral. Revista de carácter científico-profesional. Editada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Papeles del Psicólogo e Infocop:
Periodicidade cuadrimestral. Editada polo Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos.

Memoria:
Periodicidade anual. Recolle o conxunto de actividades do Colexio no ano anterior, o Balance Económico e o Orzamento do seguinte exercicio.


ASESORÍAS

Servizo gratuíto de consulta para colexiados/as.
Xurídica

Asesoramento sobre temas legais e laborais relacionados co exercicio da profesión.

Fiscal

Asesoramento sobre temas fiscais.


FORMACIÓN/EMPREGO

Información Laboral
Información sobre ofertas de emprego para psicólogos/as.
Información a todos/as os/as colexiados/as de convocatorias de especial interese (oposicións, PIR, ...).

Programa formativo anual. Cotas reducidas para colexiados/as en todas as actividades formativas organizadas polo Colexio.


INTERNET

Polo feito de estar colexiado/a e formar parte do Colexio Oficial de Psicólogos, tes dereito a posuír unha conta e acceso a INTERNET a través do servidor do Colexio.

Os datos que tes que proporcionar son: Número de colexiado/a, nome e apelidos, nome e-mail (ten que conter como máximo dez letras ou signos ASCII, non entran nin ñ nin vocais acentuadas) e o sistema operativo. Se houbera outro, engadiríanse os díxitos necesarios para a súa diferenciación.

Ademais de correo electrónico tamén tes dereito a "aloxar" unha páxina WEB no servidor do Colexio Oficial de Psicólogos.


AXENCIA DE VIAXES

Todos/as os/as colexiados/as no COPG obterán un desconto do 5% na Axencia Ciberviaxes.
Viaxes de vacacións
Condicións económicas:
Desconto do 5% en viaxes de vacacións para todos/as os/as colexiados/as. Forma de pago:
En tres meses sen intereses.
Fraccionando o % que cada un/unha decida.
O 100%, o día 15 do mes seguinte.

CORREDURÍA DE SEGUROS BROKER'S 88 S.A.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Correduría de Seguros Broker's 88 S.A. asinaron un acordo de colaboración para dar servizo, na área de seguros aos/ás seus/súas colexiados/as, poñendo á súa disposición unha serie de coberturas especialmente deseñadas para o/a profesional da Psicoloxía e poder protexer tanto a súa actividade profesional como a da súa familia.

Estes produtos aseguradores, foron contratados coas mellores e máis solventes compañías, con prezos e condicións especiais para o/a psicólogo/a colexiado/a.

Son condicións especiais para os/as colexiados/as de Galicia, nos seguros de Responsabilidade Civil Profesional, Vida, Accidentes, Baixa Laboral Transitoria, Gabinete de Psicoloxía, Fogar, etc.

Póliza de seguro de Responsabilidade Civil

A Xunta de Goberno do COPG negociou con Broker’s 88 unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil Profesional Colectiva, coa compañía de seguros Zurich, cunha cobertura de ata 600.000 €, e unha prima neta inferior a 30 € anuais para psicólogos/as de exercicio libre da profesión e menos de 14 € para funcionarios/as e/ou asalariados/as.


FONDO DOCUMENTAL/BIBLIOTECA

Servizo de Biblioteca e fondo documental, ampliado co convenio subscrito coa Facultade de Psicoloxía para o acceso mutuo aos fondos documentais. En virtude do convenio é imprescindible para acceder aos fondos documentais solicitar a tarxeta de lector/ora.
Horario da biblioteca da Facultade: De 9 a 21 horas de luns a venres (De 9 a 14 horas en vacacións).

PSICODOC. Adquisición e oferta de consulta desde CD de referencias bibliográficas da psicoloxía española.


PROFESIÓN

Quenda Informes Periciais
Posibilidade de inscrición, de acordo ao correspondente regulamento, no listado de colexiados/as para ser nomeados/as polo Colexio a requirimento dos diferentes xulgados.

Privada
Posibilidade de inscrición no listado de gabinetes utilizado polo Colexio para a derivación de solicitudes de atención psicolóxica recibidas.


OUTROS

Publicidade e distribución de ofertas formativas ou información de interese profesional.

BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Banco Santander Central Hispano renovaron un acordo de colaboración para ofrecer a todos/as os/as colexiados/as condicións vantaxosas en créditos e hipotecas entre outros.

HNA, MUTUALIDADE DOS ARQUITECTOS

HNA, Mutualidade dos Arquitectos, especialistas na protección de colectivos profesionais, pon ao alcance dos/as colexiados/as unha oferta exclusiva con condicións moi vantaxosas.
A través dos seus Seguros Médicos de Reembolso de Gastos conseguirás todas as vantaxes da medicina privada, coas mellores coberturas do mercado, e a máxima liberdade de elección de facultativos/as e centros médicos en todo o mundo.
Cos seus Seguros de Incapacidade Temporal, poderás protexer os teus ingresos ante imprevistos non desexados.
Os seguros de Vida e Accidentes ofrecen a maneira máis eficaz de protexer a túa calidade de vida e a dos teus familiares.

Complementa a oferta a través das súas Sociedades cun amplo abano de produtos aseguradores cos que poderás protexer os teus bens persoais: Seguros de auto e moto, fogar, comercio, plans de pensións, etc.


SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA OS/AS COLEXIADOS/AS E AS SÚAS FAMILIAS

O COPG acordou con MAPFRE/Caja Salud unha oferta de seguro de asistencia sanitaria para os/as colexiados/as e as súas familias nunhas condicións que melloran amplamente as que calquera persoa podería conseguir de forma particular.
Trátase dun seguro tipo colectivo aberto, de cotización plana (é dicir, co mesmo custo para todas as idades, sexan mulleres ou homes) que inclúe garantía bucodental e cun custo por persoa asegurada de 39,30 € o primeiro recibo e 37,93 € os sucesivos mensualmente.
Os/As interesados/as en formalizar este seguro de asistencia sanitaria deberán manifestalo por escrito ao Colexio xuntando fotocopia do DNI no caso de adultos/as ou do libro de familia nos/as menores. Igualmente deberán facilitar un número de conta para domiciliar os pagos.
Unha vez recibida a solicitude no Colexio, será MAPFRE quen xestione directamente cos/coas interesados/as a formalización do seguro e a entrega das tarxetas de asistencia e cadros médicos.



C
O
L
E
X
I
A
D
O
S
 
S
E
R
V
I
Z
O
S