|
GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS O COMEZO
Ata hai pouco máis dunha década a intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias era unha área case inexistente no noso país. A rotura da presa de Tous no ano 1983 parece ser a primeira intervención psicolóxica neste tipo de situacións. Aínda que hai algunha situación máis non é ata o ano 1997, un ano despois da catástrofe do cámping de Biescas (Huesca), cando no Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos se crea o Grupo de Traballo de Intervención Psicolóxica en Desastres. A importancia do acontecido en Biescas para nós está no feito de que por primeira vez houbo demanda social da presenza de psicólogos/as e non só iso, a avaliación foi tan positiva que o efecto non tardou en xurdir un ano despois. A partir da creación do Grupo de Traballo nacen a maioría dos grupos en cada unha das delegacións. E digo a maioría, porque non foron todas, unha das excepcións foi a de Galicia, que abordaremos un pouco máis adiante. Se Biescas supuxo o inicio oficial da área, os atentados do 11-M son os que a consolidan definitivamente. Unha breve ollada ao número de profesionais da psicoloxía que interviñeron fainos entender perfectamente isto: 948 profesionais do Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid, 320 do SAMUR-Protección Civil, SUMMA 112 e Cruz Roja, psicólogos/as dos centros de saúde do concello, dos centros de saúde mental, dos hospitais, da universidade, de distintas ONG’s, das forzas armadas e doutras organizacións e empresas públicas e privadas procedentes tamén doutros lugares de España...., é dicir, a maior e máis impresionante mobilización e intervención de profesionais da psicoloxía neste tipo de situacións na historia do noso país. Na nosa comunidade o interese pola influenza destes sucesos na poboación comeza co embarrancamento do Casón na costa de Fisterra no ano 1989. Os movementos sísmicos en zonas de Lugo e Ourense son os que no noso caso dan o empuxón definitivo á creación do que se chamou Grupo de Protección Civil. Fíxose a primeira intervención pública, nun programa da TVG, con recomendacións de actuación á Administración Autonómica sobre a intervención coa poboación afectada. É aquí cando se inicia tamén a relación con Protección Civil que se traducirá nun convenio no ano 1997, ata hoxe. Este grupo inicial estivo formado por 5-6 membros case sen variación ata o 2004, ano do 11-M. A raíz dos atentados o grupo dáse conta de que non están preparados en número para facer fronte a sucesos importantes. Ábrese entón un período de captación de colexiados/as para poder formar toda unha rede ao longo da nosa comunidade que poida dar unha mellor e máis rápida resposta ante calquera eventualidade que exceda os recursos habituais dispoñibles. O grupo pasou ese ano de 6 membros a 79. A organización interna de toda a rede foi laboriosa, pero por fin puido ser activada totalmente en xullo de 2006. A finais deste ano formouse o Grupo de Gardas, que facilitou considerablemente o traballo a desenvolver. E todo isto logrouse co tempo e o traballo altruísta e totalmente voluntario de moitos membros do grupo, de aí a relevancia do conseguido. A partir do ano 2005 os membros fundadores foron pouco a pouco pasando o legado aos/ás novos/as GIPCE’s e a finais do 2006 deixa a coordinación do grupo Miguel Anxo García Álvarez, pasando a ser a que é a actual Coordinadora, Ana Isabel Martínez Arranz. Os obxectivos perseguidos nestes tres últimos anos foron e son:
Temos xa un importante camiño avanzado para logralos, pero aínda é moito o que nos queda por andar e esta andaina non tería sido posible, nin sería desinteresadamente polos que foron, e son na actualidade, membros da Comisión Coordinadora. Grazas aos actuais membros da Coordinadora, aos que xa non o son e grazas tamén pola súa inestimable aportación ao que é o GIPCE na actualidade aos membros que crearon o grupo. O noso especial agradecemento e cariño a Miguel Anxo García Álvarez pola súa inmensa labor no grupo.
![]() Simulacro cabo Prior
|