GRUPO DE TRÁFICO E SEGURIDADE
Coordina a información: Eva Muíño Gómez
O campo de Tráfico e Seguridade Viaria está emerxendo como un eido de considerable importancia para os/as profesionais da psicoloxía. Un exemplo concreto é a posta en marcha do carné por puntos (1 de xullo de 2006) cos correspondentes cursos de recuperación de carné nos que os/as psicólogos/as terán unha pequena intervención, se ben como psicólogos/as formadores. O día 1 de decembro de 2006 a Xunta de Goberno aproba a creación da Comisión de Tráfico e Seguridade formada polos/as seguintes colexiados/as:
Eva Muíño Gómez, Coordinadora Mª Jesús Sánchez Peteiro Pilar Casal Devesa Eduardo Anoeta Rodríguez Rosa Mª Domínguez Cameán Noemí Vázquez de la Iglesia Carlos Gestal Gestal Juan Bonome Rodal (desde decembro de 2008)
O día 23 de setembro de 2006 constituíuse unha lista de psicólogos/as formadores/substitutos para impartir os cursos de sensibilización/recuperación do carné. A solicitude de ingreso no Grupo e na lista realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude correspondente a tal efecto. Carta Europea da Seguridade Vial Conclusións da I Xornada de Psicoloxía Galega de Tráfico e Seguridade |