COMISIÓN DE PSICOLOXÍA DO DEPORTE
Coordina a información: Eva García Quinteiro
COMPOSICIÓN DA COMISIÓN Mª Dolores González Fernández, Coordinadora ¿QUE É A PSICOLOXÍA DO DEPORTE E A ACTIVIDADE FÍSICA? A psicoloxía do deporte e o exercicio físico é o estudo científico das persoas e a súa conduta no contexto do deporte e a actividade física.
¿EN QUE PODE AXUDAR A PSICOLOXÍA DO DEPORTE? En liñas xerais a psicoloxía deportiva pode axudar a: - Optimizar o rendemento deportivo mediante o adestramento de habilidades psicolóxicas implicadas na actividade física e no deporte (motivación, atención, autoconfianza...).
¿CARA QUE DIRIXE O SEU TRABALLO? - Deportistas.
ÁMBITOS DE ACTUACIÓN - Deporte de rendemento.
REUNIÓN COA DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA A Decana do Colexio, Mª Rosa Álvarez Prada, e a Coordinadora da Comisión de Deporte do Colexio, Mª Dolores González Fernández, mantiveron unha reunión co Asesor da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Xosé Antón Fernández Rojo, co obxectivo de presentar o traballo da Comisión e favorecer liñas de actuación conxuntas. Para elo acordouse elaborar un protocolo de colaboración no que se recollan, entre outras, a posibilidade de realizar cursos de formación para adestradores/as e técnicos/as deportivos/as, a divulgación do rol do/a psicólogo/a do deporte e a recomendación de contratar a psicólogos/as especialistas na área.
|