TÍTULO DE PSICÓLOGO/A ESPECIALISTA EN PSICOLOXÍA CLÍNICA |
| |
- O día 26 de maio de 2006, o Presidente da Comisión Xestora do Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos, fixo entrega ao Defensor del Pueblo do escrito de queixa pola lentitude na tramitación dos expedientes de homologación do Título de Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica, solicitándolle que realice o que estea nas súas mans para acelerar o proceso.
Existe un modelo de escrito, para que os/as colexiados/as solicitantes que o desexen poidan presentar tamén unha queixa ao Defensor del Pueblo. Pódese remitir á oficina do Defensor del Pueblo polas seguintes vías:
- Fax. Ao número 913 081 158. Enviaranche un acuse de recibo no que se indica o número que asignaron á túa queixa por se desexas información sobre ela.
- Correo ordinario. Remite o teu escrito asinado a este enderezo: Zurbano, 42. 28010 Madrid. Enviaranche un acuse de recibo no que se indica o número que asignaron á túa queixa.
- On Line. Recheando o formulario dispoñible na sección "Quejas por internet" da súa páxina web www.defensordelpueblo.es.
- Transcorridos 6 meses desde a presentación da Solicitude do Título de Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica ante o Ministerio de Educación e Ciencia, os/as solicitantes que non tiveran resposta, poderán presentar un recurso potestativo de reposición ante dito Ministerio no prazo de 3 meses desde que se cumpren os 6 meses sen resposta.
- Ao abeiro do Real Decreto que crea e regula a Especialidade de Psicoloxía Clínica (RD 2490/1998 de 20 de novembro) e da Lei de Ordenación de Profesións Sanitarias (Lei 44/2003 de 21 de novembro) no seu artigo 5, apartado 2, os/as colexiados/as que estean en posesión do Título de Especialista en Psicoloxía Clínica, teñen que proceder ao seu rexistro na Secretaría do COPG. Poden facelo directamente en Secretaría, levando orixinal e fotocopia; ou por correo postal, enviando fotocopia compulsada.
- Para informarte sobre a situación do Título de Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica tes que dirixirte a:
Ministerio de Ciencia e Innovación
Secretaría de Estado de Universidades
Dirección General de Universidades
Albacete, 5. 28027 Madrid
Tfnos.: 916 037 000 / 916 037 197
Fax: 916 037 033
E-mail: infociencia@mec.es
|
| Modelo orientativo de recurso de reposición |
| Organigrama explicativo do proceso de homologación do Título de Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica |