PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A MULLERES QUE SUFRAN VIOLENCIA DE XÉNERO, E COMPLEMENTARIAMENTE A MENORES E OUTRAS PERSOAS DEPENDENTES DELAS QUE VIVAN OU PADEZAN SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

As mulleres que sufren violencia de xénero teñen á súa disposición un programa de atención psicolóxica que lles axuda a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral. Tamén aos/ás menores e persoas dependentes delas poden utilizar este recurso.


A través deste servizo ponse a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación específica, que de xeito gratuíto realizan a intervención máis axeitada para cada caso.



OBXECTO

O programa desenvólvese en colaboración con Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e ten como finalidade ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a aquelas mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero ou doméstica, e complementariamente, a menores e outras persoas dependentes delas que teñan pasado pola mesma situación.


 

PRESTACIÓN DO SERVIZO

O programa conta cun psicólogo coordinador cunha rede de profesionais debidamente acreditados/as, que levarán a cabo a intervención profesional á que se refire o programa en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.


 

REQUISITOS PARA ACCEDER

Acceso gratuíto e anónimo as 24 horas.


 

ONDE ACUDIR

Teléfono 629 777 595 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.


 

MÁIS INFORMACIÓN

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 699


Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Espiñeira, 10-Baixo
15706 Santiago de Compostela
Tfno.: 629 777 595

Onde estamos