|
Funcións:
Impulsar o desenvolvemento científico-profesional da psicoloxía en cada ámbito de intervención.
Composición:
Colexiados/as que cumpran os requisitos previstos no Regulamento da respectiva Sección e soliciten pertencer á mesma.
Organización:
Asemblea de socios/as formada por todos os membros.
Xunta Directiva elixida pola Asemblea de socios/as.
Comisións do Traballo permanentes e non permanentes.
Funcionamento:
Asemblea de socios/as anual.
Elección da Xunta Directiva segundo o previsto nos Regulamentos de Réxime Interior de cada Sección.
Normativa que a rexe:
Estatutos do COPG. Regulamento Marco das Seccións do COPG. Regulamento de Réxime Interior de cada Sección.
O COPG aprobou a creación de Seccións coa intención de “dotarse de espazos participativos útiles ao encontro, produción e medre científico-profesional da psicoloxía” entendendo este último obxectivo como unha das aportacións básicas que como profesionais nos corresponde facer “ante as demandas sociais e os problemas que aqueixan á sociedade”. As Seccións perseguen potenciar a eficacia da organización colexial aunando a aqueles/as que co seu esforzo estean dispostos a contribuír a estes fins.
O Colexio dótase así dunha unidade estrutural básica para organizar a súa actividade e lograr o cumprimento dos seus fins nos distintos ámbitos disciplinarios e campos de intervención psicolóxica. No marco dos Estatutos e Regulamento do COPG as Seccións contan con autonomía para a súa xestión e funcionamento, destacando entre os seus fins a potenciación no seu ámbito disciplinario do desenvolvemento científico, técnico e profesional, da investigación e a formación, e a procura dun exercicio da profesión competente e acorde co Código Deontolóxico, establecendo no seu caso criterios ou requisitos de cualificación recomendables.
A constitución e funcionamento das Seccións atense ao recollido no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Regulamentos particulares aprobados para cada unha delas nos que se especifican os requisitos que deben cumprir os seus membros.
Tense rematado o proceso de constitución de Seccións nas cinco áreas profesionais de maior entidade. Este dobre sistema organizativo permite aos colexiados e colexiadas optar por inscribirse nunha ou dúas das Seccións existentes e facilita así a súa participación e maior implicación na actividade da organización profesional no seu campo de traballo. O Colexio, por outra banda, conta así con estruturas que agrupan a profesionais cualificados/as en diversos ámbitos de intervención, potenciando a súa dimensión científico-profesional, algo que debe redundar en beneficio do conxunto dos/as colexiados/as, da psicoloxía e das súas aportacións á sociedade galega.
A Sección de Clínica ten unha cota anual de 45 €, o resto das Seccións non teñen ningunha cota.
Pretendemos suscitar o voso interese sobre esta posibilidade organizativa e animarvos a participar nas iniciativas e actividades daquelas que se correspondan co voso ámbito de traballo.
Xunta de Goberno do COPG.
|